Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un problema informático dificultou ás farmacias galegas o funcionamento durante tres horas

Un problema informático dificultou ás farmacias galegas o funcionamento durante tres horas

Malia os atrancos, puidéronse distribuír o 70 por cento dos medicamentos dunha xornada normal, chegando a un total de 160.000 receitas

G24.gal 02/05/2023 16:16 Última actualización 02/05/2023 21:20

 Un problema informático impedíu esta mañá ás farmacias galegas dispensar os medicamentos prescritos con normalidade durante aproximadamente tres horas.

A Consellería de Sanidade confirmou que a plataforma das receitas sufríu "unha degradación do servizo" no horario de maior afluencia de pacientes ás farmacias, entre as 10:00 e as 13:00 horas.

Con todo, aínda que sinalan que este problema "dificultou a dispensación de medicamentos", apuntan a que "en ningún momento" deixouse de dispensar este servizo "por completo".

O 70 por cento do total

A Consellería informou que esta mañá, de 9:00 a 15:00 horas dispensáronse un total de 160.000 medicamentos, aproximadamente un 70 % do que adoita distribuír nun día normal.

Fontes do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña informaron  que o sistema de receita en Galicia "non estivo dispoñible" e que inicialmente se puido dispensar medicación "a través da web de continxencia", aínda que funcionou de forma "moi inestable".

Finalmente, a incidencia quedou resolta  pasadas as tres da tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos