Unha campaña de saúde auditiva recomenda facer revisións anuais a partir dos 55 anos
Unha campaña de saúde auditiva recomenda facer revisións anuais a partir dos 55 anos
Ao ser un proceso progresivo moitas persoas tardan ata dez anos en caer na conta de que non oen ben
Advirten de que o abuso dos auriculares está adiantando a idade á que empezan a detectar perda de audición
"Coida a túa saúde auditiva", ese é o lema a campaña promovida pola Federación Española de Municipios e unha cadea de audiófonos. Hoxe os destinatarios da mensaxe foron os veciños de Ferrol, que ademais tiñan a posibilidade de facer unha revisión gratuíta.
Os promotores da campaña recomendan facer esa revisión anual polo menos a partir do 55 anos, porque a perda de audición pode estar limitando a nosa vida sen que sexamos conscientes diso. Marta Filgueira, técnica en audioloxía protésica, di que hai persoas que tardan ata dez anos en se dar conta de que ten un problema de audición.
"Moitas veces son as familias as que lle din que non me oes, que tes a televisión moi alta, porque se van afacendo a non oír".
A revisión práctica está dirixida sobre todo aos maiores para ver se hai un posible déficit auditivo que se poida compensar con audiófonos. Pero a campaña ten tamén unha mensaxe clara aos máis novos porque din que se están empezando a notar as consecuencias do uso e abuso dos auriculares.
"Antes estabamos afeitos a que foran as persoas de setenta e oitenta anos; hoxe en día moitísimas persoas de 40 e 50 anos teñen problemas de audición".
Recalca a especialista que canto máis volume e máis horas se estea cos auriculares, peor.