Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha farmacia da Coruña cobra 1 euro e medio por expedir o certificado covid

Unha farmacia da Coruña cobra 1 euro e medio por expedir o certificado covid

Aseguran que houbo días que expediron un cento e que iso colapsa o establecemento

Perseguiron as traballadoras pola rúa para que non pechasen e poder ir a un concerto

A farmacia está no centro da Coruña en plena Rúa Real
G24.gal 14/01/2022 13:59

A medida levantou polémica e algunha que outra reclamación en Consumo, xa que nas farmacias a expedición do certificado é gratis. Aquí din que é unha medida disuasoria para evitar que se colapse a atención farmacéutica, xa que algúns días tiveron que expedir ata 100 certificados, a maioría a rapaces que o precisaban para entrar en locais de lecer nocturno.

A farmacia Obelisco é a única que está aberta a última hora da noite nesta zona. Ata aquí viñeron cuadrillas de 20 ou 30 persoas dos locais de lecer nocturno e colapsaron a farmacia. Isto atrancou a atención farmacéutica ou dar medicación de urxencia. 

"Había unhas ringleiras enormes sen saber quen viña por un certificado para entrar nun local para tomar unha copa, quen viña buscar un medicamento ou quen viña dun hospital cunha alta ou outra urxencia. Non nos deixaban nin pechar a farmacia, de feito perseguíannos pola rúa porque querían máis certificados e nós temos un horario de peche que temos que cumprir", afirma Patricia Ribera, farmacéutica titular da farmacia Obelisco.

Afirma que se trata dun pago simbólico e disuasorio para que os mozos e mozas xa veñan co seu certificado da casa e non nos colapsen o servizo.

"Nós non temos ningún problema en atender a xente que teña problemas, para iso se asinou o protocolo co Sergas, pensando na fenda dixital e o avellentamento da poboación. Non é o caso do centro da Coruña a fenda dixital, e que xente comece a afacerse a levalo consigo como no resto de Europa, como se foran as chaves ou teléfono. Cando se sae da casa hai que levar o certificado", segura Ribera.

Contan que fan certificados gratis ás persoas maiores, a calquera que teña dificultades para descargar o certificado ou moverse na contorna dixital. Ademais avisan do custo do trámite e de que facelo no teléfono móbil sae gratis. Cren que este problema xa está indo a menos e que en poucas semanas desaparecerá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade