Unha investigación atopa "abuso sistémico" no fútbol profesional feminino dos EUA
A presidenta do fútbol americano cualificou de "arrepiante e moi preocupante" o resultado do informe
O abuso na liga profesional de fútbol feminino foi sistémico e xeneralizado. Esa é a conclusión dun informe independente encargado pola US Soccer tras as denuncias das xogadoras Sinead Farrelly e Mana Shim, que en 2021 acusaron o adestrador do equipo de North Carolina Courage, Paul Riley, de acoso sexual.
Cindy Parlow, presidenta da Federación de Fútbol dos EUA: "Atopei todo o informe espantoso. Pareceume realmente de tolos que as xogadoras tiveran que pasar por todo isto".
De arrepiante e moi preocupante cualificou o resultado do informe a presidenta do fútbol americano. Unha investigación encargada pola liga profesional a un bufete de avogados e á exfiscal xeral dos Estados Unidos, Sally Yates e no que se conclúe que o abuso emocional e a conduta sexual inapropiada son comúns no fútbol feminino afectando a moitos equipos, adestradores e xogadoras.
A investigación, baseada en máis de 200 entrevistas, apunta que o abuso na NWSL "ten as súas raíces nunha cultura profunda no fútbol feminino, comezando nas ligas xuvenís, que normaliza o adestramento verbalmente abusivo".