Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha moza de 22 anos compaxina a gandería e a hostalería

Unha moza de 22 anos compaxina a gandería e a hostalería

Traballa na explotación familiar na Fonsagrada e ten unha cantina en Castro de Rei

Di que só ten medo á falta de man de obra

G24.gal 15/07/2024 19:38 Última actualización 15/07/2024 20:45

Igual se desenvolve no medio dos xatos que da os últimos toques o negocio de hostalería que está a piques de abrir. Tamara Fernández vai compaxinar o traballo na explotación familiar de vacas na Fonsagrada co servizo nesta cantina en Castro de Rei que levaba meses pechada. Sabe que pasará moitas horas de labor pero di estar preparada.

"A xente dime que estou tola, pero eu vexo que nesta contorna non hai cantinas como si había antes. E a xente necesita reunirse". Tamara Fernández. gandeira e hostaleira

Hostalería e gandería presentan problemas á hora de conseguir man de obra. Tamara non é allea a esta situación e aínda non atopou persoal pero segue buscando. Tamén sinala que tanto na Fonsagrada como en Castro de Rei a maioría dos mozos decide marchar no canto de emprender. Ela non.

"Os da miña quinta marcharon todos. Non quedou ninguén nin aquí nin na Fonsagrada".

"En poucos días, este comedor volverá estar aberto para os veciños da Ponte de Outeiro. O mérito é dunha moza de só 22 anos e veciña da Fonsagrada",. Andrés Pavón, TVG.

Con estes dous traballos, Tamara vai ter pouco tempo para a súa grande paixón: a caza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos