Cargando resultados...
Unha novela de amor viaxa ata A Coruña de 1854, ano da epidemia de cólera
Naqueles días morría tanta xente que prohibiron que as campás tocaran a morto
G24.gal
14/03/2025 15:46
Última actualización 14/03/2025 20:20
Galicia sufriu unha epidemia de cólera en 1854. Trátase dunha historia pouco coñecida, pero a periodista coruñesa María D. López-Menéndez viaxou no tempo ata aquel ano cunha novela que mostra como afectou á cidade. Calcúlase que, en cinco meses, o cólera matou a terceira parte da poboación.