Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha procesión única enche de cor a noite do Xoves Santo en Cualedro

Unha procesión única enche de cor a noite do Xoves Santo en Cualedro

A xente subía ao alto da serra para ver esta procesión tan espectacular

G24.gal 06/04/2023 21:27 Última actualización 06/04/2023 21:45

Sorprendente. Totalmente distinta. Na Xironda, en Cualedro, encontramos unha curiosa procesión de Xoves de Santo que non se parece en nada ás que estamos afeitos a ver na Semanas Santa. 

Os fieis levan farois de papel de cores. Antigamente só os levaban os homes e facíanse con masa de farelos e con silvas ou salgueiros. Algúns levaban torres de ata 26 luces. Pero ardían co vento. 

Agora fanos con tea e as candeas substituíronse por lámpadas alimentadas con baterías.

A xente subía ao alto da serra para ver esta procesión tan espectacular. 

A tradición perdeuse durante moito tempo. 

E foron curiosamente as mulleres as que a recuperarron hai uns 25 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade