Unha refinería da Coruña fabrica biocombustible con aceite de cociña usado
Unha refinería da Coruña fabrica biocombustible con aceite de cociña usado
O obxectivo está en chegar ás 25.000 toneladas anuais para producir gasóleo A de automoción
A refinería de Repsol na Coruña comeza a tratar aceite de cociña usado para producir combustible renovable. Xa ten unha ampla experiencia no tratamento de biocombustibles, pero a novidade está agora na utilización de residuos como é o caso do aceite de cociña usado.
Xa se trataron as primeiras 500 toneladas, pero o obxectivo está en chegar ás 25.000 toneladas anuais para producir gasóleo A de automoción. É un proceso sinxelo que xa comezou nos laboratorios da refinería, pero que ten un obxectivo moito máis ambicioso: tratar unhas 25.000 toneladas anuais para producir gasóleo de automoción.
A refinería de Repsol está en pleno proceso de transformación cara a unha planta multienerxética capaz de producir biocombustibles. O próximo obxectivo será o hidróxeno renovable a partir de biogas.