Unha Rosalía por cada imaxe
Unha Rosalía por cada imaxe
Non é a mesma Rosalía de Castro a fotografada por Sellier que a retratada ao óleo por Brocos
Cada imaxe de Rosalía transmite un carácter diferente: da poeta chorona á muller afouta
O deseñador Pepe Barro estudou os diferentes retratos que existen da poeta
Rosalía é, sen dúbida, unha grande icona galega, dentro e fóra de Galicia. A súa imaxe está en libros, en camisetas, na rúa... Unha imaxe que foi mudando co tempo. Non é a mesma Rosalía a da imaxe que Murguía quixo transmitir logo da súa morte que a Rosalía que hoxe todos recoñecemos.
Que fotografías existen de Rosalía? Que nos di cada fotografía sobre o seu carácter? E mesmo, como pode influír unha imaxe na lectura da súa obra? Descubrímolo no Diario cultural co deseñador Pepe Barro, estudoso da iconografía de Rosalía.