Margarita Ledo: "Os afectos forman parte da loita pola igualdade"
Margarita Ledo: "Os afectos forman parte da loita pola igualdade"
'Prefiro condenarme' conta a historia de Sagrario Ribela Fra, unha mariscadora xulgada por adulterio en 1972
No elenco: Sagrario Ribela Fra, Nardo Beceiro Ribela, Melania Cruz, Mónica Camaño, Iria Pinheiro e Antón Lopo
'Prefiro condenarme' estrouse no Festival de Sevilla onde recibiu unha mención especial na sección Nuevas Olas
"Tal unha nova Antígona, Sagrario, sitúase fóra das regras e reclama o dereito á lei non escrita e reivindica, canda a desobedencia, o desexo".
Sagrario Ribela Fra é a protagonista de 'Prefiro condenarme', a nova película de Margarita Ledo Andión que mañá venres chega ás salas de cine. Todo comezou cunha conversa en que a directora escoita falar dunha mariscadora que, raño en man, lle paraba os pés ao seu marido maltratador. É a historia dunha muller pioneira que reclamaba o dereito á igualdade e ao desexo.