Celebran o Día de Rosalía cun maratón de lecturas en galego
Celebran o Día de Rosalía cun maratón de lecturas en galego
Os alumnos do Colexio Santo Domingo da Coruña leron os textos durante a xornada lectiva
Ademais das obras de Rosalía, escolleron outros títulos acordes para ás distintas idades
Invitaron a participar toda a comunidade escolar e tamén persoas alleas ao centro
O 23 de febreiro moitos centros escolares modifican a programación habitual para destacar que é o Día de Rosalía. No Colexio Santo Domingo da Coruña fano este ano cun maratón de lecturas en galego impulsado polo Equipo de Dinamización da lingua, que coordina Adrián Carreira.
"Hai varios cursos que fan lecturas de Rosalía explicitas e quixémolo abrir tamén a outros xéneros e outros autores", explica Adrián.
Participan máis de 200 alumnos de todos os ciclos. Para cada nivel escollen os textos que consideran que se axeitan mellor á súa idade para incentivar o vínculo coa lingua máis aló do seu estudo nas aulas, segundo explica a directora do dentro, Fernanda Bouzas.
"Notamos que a linguaxe oral en galego cústalle aos alumnos porque moitas familias non son galegas ou non teñen referentes que falen galego na súa casa", matiza a directora do centro.
Unha das lecturas elixidas foi A balada dos unicornios, de Ledicia Costas, que un dos alumnos describe como "a historia dunha nena que quere ser bruxa".
Nesa edición do maratón ampliaron a repercusión da actividade invitando a participar a toda a comunidade escolar e tamén a persoas doutras entidades da contorna do centro.