Cargando resultados...
A veciñanza dunha aldea de Riotorto leva unha semana sen fibra óptica
A veciñanza dunha aldea de Riotorto leva unha semana sen fibra óptica
Denuncian que a empresa responsable nin sequera se pon en contacto con eles
G24.gal
15/09/2024 14:33
Última actualización 15/09/2024 18:13
Para moitas persoas a Internet é tan importante como a electricidade, outro imprescindible máis das nosas vidas sen o que é difícil vivir.
A Celia a fibra óptica élle indispensable. Non ten Internet no teléfono e non pode comunicarse. A situación de Marisol, que é empresaria, é aínda peor porque necesita a fibra para o seu traballo e leva dende o luns pasado sen ela.
Todos son veciños afectados do lugar de Vilar de Santiago, en Riotorto, onde viven 35 persoas.
É un núcleo importante no rural e a falta de fibra afecta a 26 casas.
Segundo din, o que máis lles indigna é que a empresa responsable nin sequera se pon en contacto con eles.