Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha tubaxe entre Barcelona e Marsella substituirá o MidCat

Unha tubaxe entre Barcelona e Marsella substituirá o MidCat

Antón Montero 20/10/2022 18:26

O Midcat pasa á historia. O gasoduto polo que España e Alemaña levan meses presionando a Francia para levar gas da península ao centro de Europa a través dos Pireneos non se vai construír.

A alternativa chámase BarMar, iniciais de Barcelona e Marsella, extremos da tubaxe alternativa que este xoves pactaron os líderes de España, Francia e Portugal.

Pedro Sánchez cre que "é unha moi boa noticia para España, Portugal e Francia, pero fundamentalmente para Europa, porque facemos un exercicio de compromiso solidario co resto de Europa coherente coa nosa aposta pola transición enerxética verde"

Que é o BarMar?

O BarMar será unha tubaxe submarina pola que discorrerá no futuro hidróxeno verde, pero que tamén permitirá puntualmente enviar o gas que España recibe por vía marítima.

A proposta xurdiu do Goberno español ante a negativa de Macron a aceptar o MidCat por motivos medioambientais. O presidente francés espera que o pague Bruxelas.

Emmanuel Macron explicou que "o que fixemos esta mañá é un punto importante da solidariedade europea. Irei en decembro a España para rematar ese proxecto, que ten vocación de beneficiare de financiamento europeo".

O acordo prevé tamén o remate do gasoduto entre Portugal e Zamora e dunha conexión eléctrica polo Golfo de Biscaia. Os tres mandatarios volverán falar do asunto en decembro en Alacante para aclarar os prazos e repartir os custos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade