Cargando resultados...
Unha visita guiada á antiga mina da Silvarosa permite coñecer a importancia do xacemento
Unha visita guiada á antiga mina da Silvarosa permite coñecer a importancia do xacemento
Dela extraíase ferro, que principalmente foi dedicado á exportación
No seu momento, ata 1966, foi un polo industrial que se extendía por toda A Mariña
G24.gal
11/05/2024 14:58
As minas da Silvarosa, en Viveiro, pecharon definitivamente en 1966. Ata entón eran un polo industrial da Mariña. O xacemento foi explotado por vez primeira a finais do século XIX. Extraíase ferro, principalmente para exportar.
O xacemento aséntase en terreos da Comunidade de Montes de Vieiro, que pretende pór en valor a mina e o seu entorno. Nada mellor que unha andaina e unha visita á zona para dar a coñecer a importancia do lugar.
A iniciativa, impulsada pola Cámara Mineira de Galicia, como unha xornada de divulgación xeolóxica, repítese esta tarde.