Unhas 4.000 persoas asisten á romaría do Pino que organiza o PP da Coruña
Unhas 4.000 persoas asisten á romaría do Pino que organiza o PP da Coruña
Rueda: "Somos un partido de goberno e saímos a gañar nos 93 concellos da provincia"
Alberto Núñez Feijóo critica a xestión do Goberno ante a suba dos prezos
O PP da provincia da Coruña recupera tras a pandemia a súa tradicional romaría do Pino. A once meses das eleccións municipais, a formación comeza o seu camiño de cara a vindeira cita coas urnas.
Neste acto, o Partido Popular de Galicia saca músculo reunindo 4.000 afiliados e simpatizantes da provincia. Antes eles, Alfonso Rueda comprometeu e pediu esforzo para acadar a maioría suficiente para gobernar.
"Somos un partido de goberno e saímos a gañar nos 93 concellos da provincia", asegurou.
O líder dos populares galegos dixo que o seu partido dá a cara ante os problemas e asegurou que seguirá reclamando o que lle corresponde a Galicia.
O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, non quixo faltar á cita. Durante a súa intervención, criticou a xestión que fai o Goberno ante a suba de prezos e pediulle que escoite as propostas do PP.