Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unhas 8.000 persoas protestan en Bruxelas contra as restricións pola covid

Unhas 8.000 persoas protestan en Bruxelas contra as restricións pola covid

Vinte detidos e seis feridos en incidentes ao remate da manifestación

G24.gal 05/12/2021 18:50

Novas mobilizacións en Bruxelas contra as restricións decretadas polas autoridades para frear a expansión da covid.  Este domingo saíron ás rúas da capital belga unhas 8.000 persoas contras as medidas sanitarias e a posible obrigatoriedade da vacina.

O país afronta taxas récord de incidencia acumulada desde o comezo da pandemia, con 2.127 casos por 100.00 habitantes a catorce días. O persoal sanitario estará obrigado a vacinarse desde xaneiro.

A marcha rematou con disturbios despois de que grupos de manifestantes lanzaran proxectís e artefactos incendiarios contra a policía que respondeu con canóns de auga e gases lacrimóxenos. Houbo unha vintena de detidos e seis persoas resultaron feridas neses incidentes. Son dous axentes e catro manifestantes que foron trasladados ao hospital.

Os participantes na protesta consideran o certificado covid que se esixe en hostalaría e eventos de ocio "contrario aos dereitos fundamentais e discriminatorio". Aseguran que o virus non está baixo control "pero a poboación si".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade