Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unicef e a CRTVG emprenden xuntas unha nova campaña para concienciar da necesidade de vacinar os nenos

Unicef e a CRTVG emprenden xuntas unha nova campaña para concienciar da necesidade de vacinar os nenos

A ONG lembra o impacto brutal que tivo a interrupción da vacinación por mor do confinamento

A campaña coincide co 75 aniversario da creación de Unicef

G24.gal 15/11/2021 13:58

Unicef e a CRTVG emprenden xuntas unha nova campaña para concienciar da necesidade de vacinar os nenos non só contra a covid, senón tamén contra outras enfermidades. 

Cinco días antes de que se celebre o Día Mundial da Infancia, a ONG lembra o impacto brutal que tivo a interrupción da vacinación por mor do confinamento decretado tras a irrupción do coronavirus e que afectou uns oitenta millóns de nenos e nenas de todo o mundo. 

A campaña coincide co 75 aniversario da creación de Unicef, que a día de hoxe conta en Galicia con 26.000 socios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade