Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bonecos chaman a atención dos camiñantes no paseo fluvial de Dorrón, en Sanxenxo

Bonecos chaman a atención dos camiñantes no paseo fluvial de Dorrón, en Sanxenxo

Son unha familia de catro espantallos cunha historia propia

Turistas e veciños sorpréndense cunha escena tan peculiar

Os espantallos están nunha horta protexidos por un parasol
G24.gal 01/08/2024 14:08

Un par de bonecos vestidos de voda e unha muller tirando dun carriño cun bebé. Unha escena hiperrealista, con toques caribeños e que ben podería estar nun escaparate. Pero non, está no paseo fluvial do río Pontillón. "Eu vino este ano pero sempre ten aí espantallos vestidos con persoas e cousas así", conta un veciño que camiña polo paseo fluvial do río Pontillón.

Os bonecos están vestidos de voda Os bonecos están vestidos de voda

Unha historia longa

Rosa, A Pita, foi a armadanzas da historia. Como ía a clases de pintura, fixo unha boneca hai un par de anos. Estivo na leira o ano pasado pero o mal tempo tirouna o chan e desfíxolle a cara. "O que pasou foi que ela estivo en Pontevedra un ano e coñeceu un home negro co que tivo un fillo. Agora tamén está aí a nai co meniño. Casámolos aquí", chancea Alfonso.

Alfonso é o veciño dono da horta onde está esta peculiar familia que dinamiza turisticamente o paseo e de paso, funcionan de espantallos. "Que van funcionar ho! -corrixe Rosa- Os paxaros non lle teñen medo a nada. O espantallo funciona para o que pasa. Sácanlle unha foto e listo"

A familia de bonecos está protexida cun parasol. Aínda pode medrar. "Imos ver... Hai que pensalo. Iso cando veña o inverno e as noites son máis longas. A ver o que se fai...", di Rosa. "Eu como teño a cabeza grande sempre lle dou voltas e cada ano fago unha cousa", engade Alfonso.

Pois o ano que vén, ollo co verán en Sanxenxo... Haberá que volver a camiñar polo paseo do río Pontillón en Dorrón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade