Publicador de contidos
Publicador de contidos

Valdeorras rexistrou esta tarde as máximas de Galicia

Valdeorras rexistrou esta tarde as máximas de Galicia

Vilamartín chegou aos 40,2º e outros concellos da comarca rozaron tamén os 40

Tamén subiron dos 35 na conca ourensá do Miño e na montaña de Lugo 

No resto de Galicia xa se notou a influencia da fronte que porá fin a este episodio de calor extrema

G24.gal 11/08/2024 20:22

Persianas baixadas, aire acondicionado e bebidas refrescantes. Superar as noites de calor tropical en Ourense non é fácil.

"Ventilar pola noite e polo mañá, antes de que entre o sol". "Non dá para abrir as ventás porque só entra aire quente. Eu íspome, vou a ducha, sento nunha cadeira, déitome no chan, de todo un pouco". "E se non fose polo aire, sería imposible durmir, porque abres a ventá e vai calor, ás dez e media, once", comentan varias veciñas.

A mínima na cidade foi de 21,4 graos, que xa polo día escalou ata rozar os 38, cinco menos ca onte, cando se rexistrou a temperatura máis alta deste verán en Galicia, 42,6 graos, e unha das máis altas dos rexistros históricos.

"Buf. En Palencia vai a mesma calor. Non pensamos que aquí fora tanta". "Méteste no río, refréscaste, e aos cinco minutos xa estás seco. Gozar co que hai e xa está", sinalan dous mozos.

Valdeorras, a montaña de Lugo e a conca ourensá do Miño foron as máis castigadas hoxe polas altas temperaturas, que nas zonas de costa quedaron en quince graos menos. En Vigo, por exemplo, 23 graos houbo esta tarde, suficiente, iso si, para encher os areais de Samil e O Vao.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade