Publicador de contidos

Publicador de contidos

Valdeorras sae á rúa para evitar o peche de dúas louseiras da comarca

Valdeorras sae á rúa para evitar o peche de dúas louseiras da comarca

Están en xogo uns 400 postos de traballo, entre directos e indirectos, por mor dun conflito entre os propietarios e a comunidade de montes

Todos os alcaldes da comarca acudiron á manifestación, tamén deputados do PP e do PSOE

Rueda apela a chegar a acordos para evitar o peche da louseira en Valdeorras

G24.gal 22/09/2023 20:29 Última actualización 22/09/2023 20:52

Os traballadores de Irosa e Samaca intensifican a súa loita por manter abertas as louseiras.

"Vimos defender os nosos empregos, o noso pan de cada día", di Francisca, unha traballadora.

O presidente do comité de empresa, Ramón Porto, asegura que "o que temos que facer nós é defender o noso, o emprego. O que teñan entre a empresa e a comunidade de montes que o solucionen eles".

Todo deriva dun conflito enquistado desde o ano 2014 polo importe que os propietarios lle debían pagar á comunidade de montes por ocupar os terreos. Tras case unha década de litixio xudicial esta semana chegaba unha orde de desafiuzamento das instalacións. 

"Estamos afectados 250 traballadores directos, pero nesta comarca todo o mundo vive da lousa", di Alberto Barrera, da CIG.

"Son moitos postos de traballo os que se poden perder e queremos unha solución xa. Que senten negociar e que busquen unha solución", di Óscar Guerrero, de CCOO.

Os traballadores contan co apoio da Deputación de Ourense e dos concellos da comarca. Todos os alcaldes acudiron á manifestación.

"Aquí está toda Valdeorras cos traballadores. A xustiza da rúa vai triunfar", di a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, Mari Carme González.

"Ofrecémoslles todo o apoio desde o concello. E pedímoslle á Xunta que se persone na causa e que medie no conflito", di María González, a alcaldesa da Rúa.

Tamén acudiron deputados e senadores do PP e do PSOE.

"Entendemos que un problema xurídico privado non pode afectar do xeito que está afectando a esta actividade económica fundamental para esta zona", di Celso Delgado, do PP.

"Eu o que pido é diálogo. Pídolle ás dúas partes que senten negociar e seguro que atopan unha solución", di Aurentino Alonso, deputado socialista.

O sector louseiro é o motor económico de Valdeorras. Facturou durante o primeiro semestre deste anos máis de 200 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade