Varias grandes patronais súmanse ao paro dos pequenos transportistas
Varias grandes patronais súmanse ao paro dos pequenos transportistas
Fenadismer e outras grandes empresas do sector únense, a pesar do acordo entre o Goberno e o CNTC
Marchas lentas de transportistas colapsan o tráfico nas cidades
Varias patronais, entre elas Fenadismer, decidiron parar a partir deste martes, tal e como fan desde hai oito días os pequenos transportistas, ante a falta de concreción nas axudas prometidas polo Goberno na xornada deste luns.
O Goberno ofreceu aos transportistas una redución "efectiva" no prezo do carburante equivalente a 500 millóns de euros, con que dá por concluída a reunión que ambas as partes mantiveron para atender os problemas do sector ante a alza do prezo dos combustibles.
Tras a xuntanza, a vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Asuntos Económicos Nadia Calviño avisou de que as plataformas e organizacións que non se sumen, non defenden os intereses do sector.
“Os que non se sumen, claramente demostran que non están defendendo os intereses do sector", apuntou Calviño.