Un estudante mata a disparos quince compañeiros na facultade de Filosofía en Praga
Un estudante mata a disparos quince compañeiros na facultade de Filosofía en Praga
O agresor, un estudante da facultade atacada, suicidouse
O goberno desbota vínculos co terrorismo internacional
É o tiroteo máis tráxico da historia recente da República Checa e un dos máis violentos que se recordan na Unión Europea.
Contra as 3 da tarde, hora local, un mozo armado cun arma longa con mira telescópica entrou na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Carolina, en pleno centro de Praga. Comezou a disparar contra os estudantes.
Moitos deles chegaron a refuxiarse nas cornixas do edificio, mentres outros fuxían despavoridos, igual que os moitos turistas que a esas horas cruzaban a praza Jan Palach ou a popular ponte de San Carlos.
O agresor subiu ata a cuarta planta, desde onde seguiu disparando mesmo despois da chegada da policía. Finalmente, acosado polos axentes, o pistoleiro suicidouse. Deixa tras de si 15 mortos e 24 feridos.
A policía informou de que o agresor é un estudante da facultade: traballa coa hipótese de que sexa a mesma persoa que hai uns días matou un home nunha localidade de Bohemia Central que podería ser o seu pai.
Polo momento, ignóranse as motivacións do masacre, aínda que o goberno checo asegura que actuou en solitario e que non hai vínculos con grupos terroristas.