Publicador de contidos
Publicador de contidos

Polo menos cinco mortos, incluídos tres menores, nun tiroteo en Seattle

Polo menos cinco mortos, incluídos tres menores, nun tiroteo en Seattle

As forzas de seguridade detiveron un adolescente de 15 anos que residía na vivenda onde se produciron os feitos

Outro menor foi trasladado ao hospital con feridas de bala

Arquivo / Jeremy Raines / Zuma Press Arquivo / Jeremy Raines / Zuma Press
G24.gal 22/10/2024 08:40

Polo menos cinco persoas morreron e un adolescente foi ferido nun tiroteo que tivo lugar nunha casa residencial situada na localidade de Fall City, na cidade de Seattle, no estado norteamericano de Washington.

Segundo as autoridades locais, as vítimas mortais son dous adultos e tres menores de idade.
O portavoz da oficina do shériff do condado de King, Mike Mellis, explicou nunha comparecencia de prensa que os equipos de emerxencias recibiron unha chamada que alertaba de disparos nunha vivenda residencial.

Cando os axentes chegaron ao lugar atoparon "un caos". Dentro do edificio xacían os corpos sen vida de cinco persoas: dous adultos e tres menores. Outro adolescente, que presentaba ferida de arma de fogo, foi trasladado a un centro hospitalario para recibir atención médica.

As forzas de seguridade detiveron un adolescente de 15 anos que vivía na vivenda onde
se produciu o tiroteo, que ingresará no centro de detención xuvenil do condado. Segundo explicou Mellis: "Non houbo un enfrontamento importante co sospeitoso". O rapaz pode afrontar cargos de asasinato en primeiro ou segundo grao.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade