Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños da Sionlla, en Santiago, denuncian graves problemas de inseguridade na N-550

Veciños da Sionlla, en Santiago, denuncian graves problemas de inseguridade na N-550

O Concello comprometeuse cos veciños a buscar solucións coa Demarcación de Estradas

G24.gal 26/02/2025 13:35

A diario os veciños da Sionlla de Abaixo, en Santiago, sofren unha odisea para atravesar a estrada Nacional 550 neste núcleo. O tráfico é tan intenso e circulan a velocidades tan altas que ir dunha beira a outra é un exercicio de paciencia e risco.

Recentemente houbo tres accidentes na zona. O último o dun camión que se esnafrou contra unha vivenda deshabitada. Por iso antes de que haxa que lamentar algunha traxedia os veciños piden que se adopten medidas correctoras. Outro dos problemas é a contaminación acústica.

O concelleiro de Tráfico de Santiago visitou a zona cos veciños e comprometeuse a traballar conxuntamente coa Demarcación de Estradas para estudar a situación e buscar posibles solucións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade