Cargando resultados...
Protestas pola falta de cobertura móbil en Tomiño
Protestas pola falta de cobertura móbil en Tomiño
Nalgúns casos, cando non hai sinal a única solución é empregar a rede portuguesa
G24.gal
04/04/2023 13:44
Os veciños de Tomiño sofren a diario a falta de cobertura móbil nas parroquias en que residen. Hai máis de dez núcleos de poboación afectados.
A situación dificulta as súas comunicacións persoais, pero tamén a actividade comercial e empresarial ou o teletraballo nas zonas afectadas. Nalgúns casos cando non hai sinal a única solución é empregar a rede portuguesa.
Os veciños séntense abandonados e non comprenden que as solucións non cheguen.
O Concello xa iniciou trámites ante as operadoras de telefonía e as administracións responsables, pero polo de agora os veciños seguen sen cobertura e sen resposta.