Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veljko Mrsic renova o seu compromiso co Breogán

Veljko Mrsic renova o seu compromiso co Breogán

O técnico croata cumprirá a súa cuarta tempada á fronte do banco celeste

G24.gal 27/05/2024 16:31 Última actualización 27/05/2024 16:38

Veljko Mrsic (Split, Croacia, 13/04/1971) cumprirá a súa cuarta tempada á fronte do banco celeste.

O adestrador chegaba ao Río Breogán en xaneiro de 2022 e liderou o equipo celeste en tres tempadas históricas que incluíron unha participación en Copa do Rei e o regreso á competición Europea.

A renovación do adestrador é o primeiro e importante paso para iniciar a confección do equipo que defenderá a camiseta del Río Breogán nunha nova tempada en Liga Endesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade