Publicador de contidos
Publicador de contidos

Venezuela axudará a Colombia nas negociacións coa guerrilla do ELN

Venezuela axudará a Colombia nas negociacións coa guerrilla do ELN

Nicolás Maduro e Gustavo Petro reuníronse durante tres horas en Caracas

A reunión entre Maduro e Petro foi cualificada de privada
G24.gal 08/01/2023 12:48 Última actualización 08/01/2023 13:18

Venezuela e Colombia abriron unha nova etapa de colaboración, coa reunión extraordinaria que os presidentes dos dous países celebraron este sábado en Caracas.

Venezuela apoiará as negociacións de Colombia co ELN para conseguir a paz

Os dous mandatarios reuníronse durante tres horas nunha xuntanza cualificada de privada e que rematou sen declaracións. Segundo a nota facilitada polos dous gobernos, Venezuela apoiará a Colombia nas negociacións coa guerrilla do Exército de Liberación Nacional.

Nova etapa nas relacións entre Colombia e Venezuela

O presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, dixo logo nas súas redes sociais que os dous países facilitarán e promoverán os investimentos transfronteirizos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade