Publicador de contidos
Publicador de contidos

Venezuela consegue a vitoria ante México e asegura o seu paso a cuartos de final

Venezuela consegue a vitoria ante México e asegura o seu paso a cuartos de final

A 'viñotinto' faise co liderado do grupo nun partido parello

O partido decidiuse desde os 11 metros: Salomón Rondón anotou e Rafael Romo atalloulle un penalti ao mexicano Orbelín Pineda

Ecuador desquítase do primeiro partido e vence con autoridade a Xamaica (3-1)

Fonte: EFE
G24.gal 27/06/2024 11:37

Venezuela confirmou o seu bo estado de forma na Copa América ao gañar a México por un resultado axustado (1-0). Con todo, foi 'O Tri' quen comezou máis entoado, chegando con frecuencia á portería defendida por Rafael Romo. As súas intervencións impediron que o combinado venezolano se fora por baixo no marcador.

A 'viñotinto' reaccionou á volta dos vestiarios. Un empurrón na área mexicana ao xogador da Real Sociedade, Jon Aramburu, facía que o colexiado brasileiro Raphael Claus sinalara penalti a prol de Venezuela. Salomón Rondón foi o encargado de executar a pena máxima, anotándoa e batendo a portería defendida por Julio González. México volvía á carga e conseguía un penalti a tres minutos do final. O ex-xogador do Celta, Orbelín Pineda, non foi quen enganar a Romo, que adiviñou a dirección do seu disparo e conseguiu atallalo. Trátase dunha nova vitoria para os suramericanos, que avanzan a cuartos de final como líderes do seu grupo.

No outro partido da noite, Ecuador superaba a Xamaica con notoriedade (3-1). Os ecuatorianos conseguían unha vantaxe na primeira parte de dous goles, grazas ao tanto en propia meta de Kasey Palmer e ao anotado desde os 11 metros por Kendry Paez. Tras o tempo de lecer, o xogador estrela de Xamaica, Michail Antonio, recortaba diferenzas. A piques de rematar o partido, Alan Minda sentenciaba o encontro para Ecuador, poñendo o 3-1 no marcador e levándose os tres puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade