Vicky Klook: "Que as mulleres deixen de lado os estereotipos e xoguen ao fútbol"
Vicky Klook: "Que as mulleres deixen de lado os estereotipos e xoguen ao fútbol"
A seleccionadora galega de fútbol cre que hai máis canteira e menos prexuízos
Por Zona mixta pasou Vicky Vázquez Klook, a xogadora do Sárdoma e seleccionadora de fútbol feminino galega para contarnos a situación do fútbol e das mulleres que o practican no noso país
Hai canteira e nivel no fútbol galego
Vicky foi moi clara e significou o crecemento do fútbol galego feminino nos últimos anos, cando ata hai pouco xogar contra Cataluña significaba derrotas case seguras.
"Antes sabías que cando xogabas contra Cataluña ías perder, agora as potencias de España xa nos empezan a temer"
"O número de licenzas femininas aumenta moi aos poucos en Galicia pero competindo vemos que nos estamos achegando a outras comunidades"
Tamén cre que hai nivel de sobra nas adestradoras de fútbol, tanto para dirixir equipos masculinos como femininos.
Positiva
Sobre a situación na muller neste deporte sinalou que aínda segue habendo estereotipos no fútbol feminino, pero que se avanzou moito.
Igualmente falou sobre as diferenzas entre homes e mulleres e o abandono deste deporte por parte delas a partir dos 30 anos, cando os homes seguen en activo.