Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vigo acende o seu Nadal para que "empece en todo o planeta"

Vigo acende o seu Nadal para que "empece en todo o planeta"

Abel Caballero prende os once millóns de luces que van iluminar a cidade durante as festas

A Porta do Sol volveu ser o epicentro dun acto que seguiron unhas 9.000 persoas 

A iluminación estará acesa nun horario limitado para lograr un aforro do 15 %

A árbore de Nadal de máis de 35 metros de altura iluminada
G24.gal 19/11/2022 19:58 Última actualización 19/11/2022 22:57

Ás sete da tarde, o alcalde de Vigo coordina unha conta atrás en inglés, español e galego a coro coa multitude entregada. Logo, preme o interruptor e acende os once millóns de luces cos que, segundo Abel Caballero, bota a andar "o Nadal no planeta".

O acto tivo lugar na Porta do Sol, cunha capacidade limitada para 9.000 persoas. Xunto ás autoridades, presidiu o evento unha grande árbore de máis de 35 metros de altura. Coa iluminación e coas mensaxes do rexedor chegou a euforia a Vigo.

Xa non hai restricións por mor da pandemia pero prodúcese en plena crise enerxética. Por iso limitarase o seu horario, unha hora menos ao día. Será de 18:30 da tarde a doce da noite, o que suporá un aforro do 15 %. 

Estaban acreditados trinta medios de comunicación e sesenta xornalistas, que seguiron en directo o acendido máis internacional do planeta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade