Publicador de contidos

Publicador de contidos

A robótica avanza en tarefas máis alá da industria

A robótica avanza en tarefas máis alá da industria

Vigo acolle unha nova edición das Xornadas de Automatización Industrial nas que participan máis de 40 expositores e 70 relatores

G24.gal 11/02/2025 14:27

Coa Escola de Enxeñería Industrial como escenario, as Xornadas de Automatización Industrial estreitan o contacto e a colaboración entre estudantes, investigadores e a industria.

"Que veñan as empresas aquí a ensinar os seus produtos e para nós un acto de formación para os alumnas. En moitos casos ven xente que estudou aquí hai 20 anos e que agora está traballando nestas empresas", sinala José Fariña, director da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.

As xornadas contan con máis de 40 expositores e 70 relatores, e entre outras moitas cousas destacan os robots, que se converten en grandes protagonistas.

"A robótica avanzada que se empeza a ver con robots de uso industrial. Estamos vendo o seguinte que vai vir e tamén o tradicional", explica Nacho Armesto, coordinador das Xornadas de Automatización Industrial.

Robótica para a industria e tamén para a medicina, avances e beneficios para médicos e pacientes.

"A enxeñería biomédica é unha ponte entre o médico e o enxeñeiro. Como darlle aos médicos instrumentais cómodos e que permitan reducir os tempos de intervención", conta Irina Collazo, organizadora das Xornadas de Enxeñería Biomédica.

Espazo para a aprendizaxe no que tamén hai tempo para o entretemento da man de robots de película que agora se rodean de futuras promesas da enxeñería industrial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade