Vigo, epicentro da industria aeroespacial
Vigo, epicentro da industria aeroespacial
250 profesionais debaten no congreso 'New Space' sobre os desafíos desta industria
O sector xera un volume de negocio en España de 1.000 millóns de euros
O sector aeroespacial busca solucionar dende o espazo os problemas das persoas. En Vigo, 250 profesionais do sector debaten sobre os desafíos desta industria cada vez máis puxante en Galicia.
Empresas nacionais buscan o talento na nosa comunidade para levar a cabo proxectos innovadores, onde cobran protagonismo os drons e os pequenos satélites.
Un campo que parecía inalcanzable para as empresas e que agora representa toda unha oportunidade de futuro. O congreso 'New Space' buscar impulsar a colaboración público-privada para atraer investimentos a un mercado estratéxico, cun volume de negocio en España de 1.000 millóns de euros.