Vigo está entre as cinco cidades españolas onde máis se fala

De media, cada cidadán fala cunhas seis persoas ao día

G24.gal 13/11/2023 20:01 Última actualización 13/11/2023 20:34

Somos os galegos máis ou menos faladeiros? Segundo un estudo da plataforma online de idiomas Preply, Vigo está entre as cinco cidades de España onde máis se fala. De media, cada cidadán fala cunhas seis persoas ao día. Nos momentos en que máis lle damos á lingua: comentando novas ou series coa familia ou amigos, para dar información se nos preguntan pola rúa ou de parola con camareiros nos bares

Non hai diferenzas nin por xénero nin por idade, pero mirando ao detalle son os de 35 a 54 anos os que máis falan, e fano mentres pasean o can ou mentres gardan nunha cola ou nunha sala de espera. Os animais propician conversas, tanto que, curiosamente, segundo esta enquisa, na Coruña a situación en que máis se fala é cos donos doutras mascotas. 

Os maiores de 55 conversan máis cando fan a compra ou cos veciños no ascensor, e os que superan os 45 falan tamén nos tempos mortos con descoñecidos, uns momentos en que os máis novos tiran de teléfono móbil. Máis da metade da poboación española considérase faladeira, pero case un 20 % pensa que o é pouco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade