Vingegaard sementa o triunfo no Gran Camiño entre a terra queimada de Rubiá
Vingegaard sementa o triunfo no Gran Camiño entre a terra queimada de Rubiá
Volveu atacar a dous quilómetros do final na subida do Alto do Castelo e xa lle saca 50 segundos ao portugués Guerreiro
Vingegaard volveu gañar no Alto do Castelo e deixou moi encamiñado o triunfo no Gran Camiño. Son máis de cincuenta segundos os que lle saca ao portugués Guerreiro, do Movistar, o único que pode discutir o seu dominio.
A etapa acurtouse 40 quilómetros por mor das nevaradas. Non había que correr os riscos da primeira xornada e o tempo respectou aos ciclistas.
O grupo dos favoritos chegou compacto á subida final e aí o Jumbo volveu a impoñer a súa lei. Outros equipos manifestaron o seu desexo de dar guerra pero foi o último gañador do Tour de Francia o que lanzou o ataque definitivo. No medio da terra queimada Vingegaard volveu a amosar a súa superioridade para lograr o segundo triunfo particular.