Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vitoria de etapa e liderado para o esloveno Primoz Roglic

Vitoria de etapa e liderado para o esloveno Primoz Roglic

Roglic encabeza a xeral da Volta seguido polo estadounidense Sepp Kuss (Jumbo Visma), a 13 segundos, e polo británico Ethan Hayter (Ineos), a 26

Foto EFE
G24.gal 23/08/2022 17:44 Última actualización 23/08/2022 17:49

O esloveno Primoz Roglic (Jumbo Visma) impúxose na cuarta etapa da Volta a España, disputada entre Vitoria Gasteiz e Laguardia, de 152,5 km, triunfo que lle permite enfundarse a camisola vermella de líder. Nun final explosivo, Roglic gañou por velocidade cun tempo de 3 h,31 m, 5 s, a unha media de 43,3 km hora, seguido do danes Mads Pedersen (Trek) e do español Enric Mais (Movistar).

Roglic encabeza a xeral seguido polo estadounidense Sepp Kuss (Jumbo Visma), a 13 segundos; e polo británico Ethan Hayter (Ineos), a 26. Este mércores, a quinta etapa disputarase entre Irún e Bilbao; cun percorrido de 187,2 km.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos