Cargando resultados...
Viveiro despide o Resurrection Fest logo de catro xornadas con máis dun cento de bandas
Viveiro despide o Resurrection Fest logo de catro xornadas con máis dun cento de bandas
Unha edición que este ano alcanza a maioría de idade e congregou máis de 140.000 espectadores
O festival deixa un impacto económico na Mariña que supera os 17 millóns de euros
G24.gal
01/07/2023 21:45
Última actualización 01/07/2023 22:21
Nada identifica mellor a Viveiro nestes tempos que o Resurrection Fest, un evento que desde hai 18 anos coloca esta vila mariñá no centro do mundo do metal e o rock.
Desta volta o festival durou catro días completos. Máis de cen bandas subiron aos catro escenarios dispostos pola organización.
Cos ánimos postos xa na seguinte edición, Viveiro despide este festival que deixa un impacto económico de máis de dezasete millóns e medio de euros. Nesta ocasión superáronse as previsións. Acudiron máis de 140.000 espectadores de cincuenta países.