Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vivendas anegadas e estradas pechadas polo temporal na metade occidental de Andalucía

Vivendas anegadas e estradas pechadas polo temporal na metade occidental de Andalucía

Aemet mantén activado para toda a xornada o aviso amarelo en Sevilla, Cádiz e Huelva

G24.gal 31/10/2024 14:28

Nas provincias andaluzas máis occidentais, o temporal deixa tamén casas inundadas e estradas cortadas. Máis de mil persoas foron rescatadas en Andalucía, desde que o luns comezou a fase de maior actividade desta DINA.

En Andalucía continúa chovendo, aínda que con menor intensidade, e as precipitacións concéntranse nas provincias máis occidentais. Nas últimas horas caeron 51 litros por metro cadrado en Utrera e 47 de Lebrija, ambas as dúas localidades na provincia de Sevilla.

Unha trintena de estradas secundarias permanecen total ou parcialmente pechadas, a metade delas na provincia de Cádiz. A circulación de trens de media distancia entre Sevilla e Málaga está interrompida á altura de Arahal polo desbordamento dun regato.

No Val do Guadalhorce, unha das zonas máis afectadas polo temporal, a enchente do río sepultou os pozos que fornecían de auga os preto de 14.000 veciños da localidade malacitana de Álora. Unha circunstancia que impide o inicio dos traballos de limpeza da poboación.

Unhas duascentas persoas permanecen illadas nas súas vivendas, ás que só se pode acceder por camiños rurais intransitables.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía mantén activada para toda a xornada a alerta amarela por risco de chuvia e tormentas en Sevilla, Cádiz e Huelva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade