Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vivir na Coruña e vivir da papiroflexia, a arte de pregar papel

Vivir na Coruña e vivir da papiroflexia, a arte de pregar papel

Cristina e Bea levan xa unha década como profesionais e traballan para firmas de renome

G24.gal 06/02/2024 21:05 Última actualización 06/02/2024 21:56

Cristina tenta sacar tempo este ano para afondar na parte máis artística do papel, pero entre atender encargas de decoración e impartir obradoiros cústalle atopalo.  

Ela, avogada, empezou a pregar papel despois de que a súa irmá, arquitecta, descubrise en 2012 a papiroflexia experimentando con liñas rectas e estruturas. Chamáballe a atención a concentración con que o facía.

"Mentres estás pregando un papel, estás pregando papel. Non estás pensando noutras cousas", di Cristina. 

A través dun blog foron amosando as súas creacións e foron crecendo. Primeiro só atendían encargas de familiares e amigos. Pero pronto comezaron a escribirlles firmas coma Inditex ou Vogue. E no 2014 decidiron dedicarse profesionalmente á artesanía en papel. 

Dez anos despois, fan dende agasallos que lles encargan firmas de luxo a pezas para sesións de fotos e mesmo prendas para bailarinas. A arte de dobrar papel mesmo trouxo unha recente viaxe a Nova York para dispensar un obradoiro para Porcelanosa na Quinta Avenida. 

"Foi coma un hobby que se converteu nunha maneira de vivir", apunta Cristina.

Este ano pasarán de chamarse Anaquiños de Papel a chamarse Velasco Mora Studio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos