Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cancións de Tanzania nas misas dun convento de Ourense

Cancións de Tanzania nas misas dun convento de Ourense

Dúas monxas clarisas trouxeron temas en suahili do seu país natal

Están adaptándose a Galicia sen perder a súa cultura

G24.gal 13/08/2024 18:57 Última actualización 13/08/2024 20:44

Un convento nas aforas de Ourense semella un lugar pouco acaído para escoitar música ngoma ou taarab, estilos tradicionais de Tanzania. Sor Farida e Sor Faustina, dúas monxas orixinarias dese país africano, levan tempo participando nas misas que ofrece a congregación e elevando coa súa interpretación a espiritualidade dos fregueses e do resto de monxas.

"Recibín moita axuda para poder desenvolver aquí a miña vocación", di sor María Farida.

"Vivimos en comunidade e co valor da humildade", expresa sor María Faustina.

Estas relixiosas, de 27 e 29 anos de idade, non dubidaron en trasladarse dende o norte de Tanzania ata o bispado de Ourense para seguir a chamada da súa vocación. Manteñen contacto periódico coa súa familia, pero están plenamente asentadas en Galicia e din que este é o seu lugar. Ademais de cantar e tocar, fan unha vida igual que o resto de irmás clarisas da congregación.

"Elas cantan en suahili, que é o seu idioma, e participan activamente na vida comunal", aclara a madre Ángeles.

"Sorprendeume a forma en que se traballa e se reza no convento", di sor María Faustina.

"É unha vida diferente, pero este é o meu lugar", sinala sor María Farida.

Ademais de cantar en suahili, estas monxas africanas xa están a aprender o idioma galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade