Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xastre senegalés que conseguiu abrir o seu propio taller de costura en Ourense

O xastre senegalés que conseguiu abrir o seu propio taller de costura en Ourense

G24.gal 16/10/2024 20:21 Última actualización 16/10/2024 20:51

Tiña 40 anos cando unha falsa promesa de traballo o levou a pechar o seu taller de costura en Dakar para trasladarse a Madrid.

Ousseynou Gueye, xastre senegalés en Ourense: "Aquí se vés montamos un taller, xa temos o local e todo, pero non era a realidade. Eu vendera a máquina de coser e deixara o taller..., tiña que aguantar. Tiña moitas dificultades".

Sen poder regresar ao seu país, vai para quince anos tivo que comezar de novo facendo fronte a numerosas dificultades ao estar nunha situación irregular.

Pasou por unha casa de acollida e aceptou todo tipo de traballos, na gandería, ao xornal..., ata que xuntou algúns cartos e mercou unha máquina.

Pouco a pouco volveu exercer o oficio que aprendera de seu pai e polo que sente paixón dende pequeno, a costura.

Dende hai dous anos está á fronte do seu propio taller na zona vella de Ourense. Os inicios, lembra, non foron doados, pero conseguiu gañar a confianza da clientela grazas ao seu saber facer. Ademais de arranxos tamén fai roupa á medida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos