Publicador de contidos
Publicador de contidos

Retirada unha corda para facer equilibrismo nos cantís de Punta Frouxeira, en Valdoviño

Retirada unha corda para facer equilibrismo nos cantís de Punta Frouxeira, en Valdoviño

Colocárana uns mozos vascos

G24.gal 07/08/2024 20:54

Uns cidadáns vascos retiraron unha corda que colocaron para facer equilibrismo en Punta Frouxeira, nunha zona de cantís no municipio de Valdoviño.

Segundo asegurou o alcalde de Valdoviño, Alberto González, foi un particular o que alertou da situación e ata o punto desprazouse a Policía Local para comprobar se contaban con autorización.

Desta forma, constataron que non tiñan permiso nin de Costas de Galicia nin da Xunta, xa que esta actividade a estaban facendo nunha zona protexida dentro do espazo Rede Natura 2000.

Os funambulistas foron identificados polos axentes e na xornada deste mércores retiraron as cordas e as ancoraxes que fixaron nunhas rochas.

Ademais, recolleron unha pequena tenda que campaña que colocaron na zona de protección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade