Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vixilancia policial conxunta nas estacións de transporte de viaxeiros para loitar contra a delincuencia

Vixilancia policial conxunta nas estacións de transporte de viaxeiros para loitar contra a delincuencia

Distintas unidades da Policía Nacional despregan dispositivos complementarios para a seguridade 

Trátase dunha operativa pioneira que xa se está a estender por toda Galicia

G24.gal 06/03/2025 14:20

A Brigada Móbil de Transporte e os Guías Caninos da Policía Nacional da Coruña está levando a cabo un dispositivo conxunto de vixilancia para a seguridade no transporte de autobuses e ferrocarrís.

Trátase dunha operativa pioneira que xa se está a estender por toda Galicia de xeito progresivo que as forzas e corpos de seguridade aseguran está a dar bos resultados. O traballo das dúas unidades de xeito conxunto e complementario dótaas de grande axilidade e eficacia.

A utilización dos distintos cans policía e das distintas unidades prevén e detecta diferentes condutas ilícitas mostrándose así moi eficaz nas tarefas de seguridade, prevención e loita contra a delincuencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos