Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os sindicatos policiais reclámanlle ao Goberno melloras sociolaborais

Os sindicatos policiais reclámanlle ao Goberno melloras sociolaborais

Concentráronse na Cidade da Cultura en Santiago, ante a presenza do presidente do Goberno, para esixir que non se transfiran competencias estatais en seguridade a outros corpos como os autonómicos e reclamar a equiparación salarial e unha xubilación digna

 Reclaman que sexa considerada unha profesión de risco

Concentración SUP ante a Cidade da Cultura en Santiago
G24.gal 09/03/2025 15:52

Representantes do Sindicato Unificado de Policía de Galicia concentráronse ás portas da Cidade da Cultura de Galicia ante a presenza do presidente do Goberno no lugar para facerlle chegar a súa reclamación de melloras sociolaborais para a Policía Nacional.

Rexeitan a transferencia ou, como eles din, a cesión, de competencias estatais en materia de seguridade que comprometen o seu traballo a corpos como os Mossos d'Esquadra.

Esixen que se lles dea a cualificación de profesión de risco, a equiparación salarial co resto de forzas de seguridade locais ou autonómicas e o dereito a unha xubilación digna. Denuncian que perden no retiro máis de 600 euros ao mes.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade