Volve á Coruña a Feira da Arte Galega con máis de 1.500 obras de artistas galegos
Volve á Coruña a Feira da Arte Galega con máis de 1.500 obras de artistas galegos
A iniciativa está promovida polo artista local Manuel Villarino
Un ano máis, e van xa dezaseis, volve á Coruña Feira da Arte Galega. A iniciativa, que promove o artista local Manuel Villarino, conta con máis de 1.500 obras, todas pezas orixinais.
Coa arquitecta e tamén pintora Xulia Weinberg achegámonos á obra dos máis de 40 artistas galegos que compoñen a mostra. Hainos de recoñecida traxectoria, como Alfonso Abelenda. E xunto ás figuras consagradas, as propostas emerxentes do panorama artístico galego como a de Tulka Qelume.
Hai escultura, mais predomina a pintura. Este ano as obras son maioritariamente de mulleres artistas con gran variedade de técnicas e estilos. Un punto de encontro coa arte onde ver e mesmo mercar. A feira estará aberta ata o 5 de xaneiro.