Volven as visitas guiadas á cova do Pico Sacro
Volven as visitas guiadas á cova do Pico Sacro
Os técnicos da Federación Galega de Espeleoloxia acompañan os montañeiros noveis
Volven as visitas guiadas á cova do Pico Sacro, organizadas polo concello de Boqueixón. Aínda hai datas para os que queiran vivir esta experiencia, que permite entrar nas profundidades dun dos lugares máis relevantes da formación xeolóxica de Galicia.
Os técnicos da Federación Galega de Espeleoloxía acompañan os montañeiros noveis na ruta polas cavidades interiores que agocha esta montaña de cuarzo, unha rareza xeolóxica nun país de lousa e granito. "É unha experiencia para todo o mundo, non require ningún coñecemento especial", aseguran.
O Concello de Boqueixón repite esta iniciativa tras a acollida das edicións anteriores e co convencemento de que o Pico Sacro merece a consideración de Ben de Interese Cultural.
A experiencia remata cun ascenso de oito metros e con ganas de repetir.