Publicador de contidos
Publicador de contidos

Militares da UME buscarán en Cantabria os espeleólogos desaparecidos o sábado nunha cova

Militares da UME buscarán en Cantabria os espeleólogos desaparecidos o sábado nunha cova

Os desaparecidos son un home e unha muller de Salamanca e Valladolid duns 40 anos e con moita experiencia neste tipo de rutas

G24.gal 24/06/2024 09:25 Última actualización 24/06/2024 12:12

Continúa este luns a procura de dous espeleólogos desaparecidos o sábado na cova da Garmaciega-Sima del Sombrero, en Soba (Cantabria). Durante a noite, os dous equipos de rescate do Goberno de Cantabria que penetraron na cavidade, duns 400 metros de profundidade, percorreron a ruta marcada e non localizaron os afectados.

Segundo o Goberno cántabro, incorporaranse aos labores de busca dous equipos da Unidade Militar de Emerxencias (UME): un en misión de procura e outro en misión de comunicacións. Entrarán á cova para inspeccionar zonas que saian da travesía clásica, por se, por erro, penetraron por un ramal non sinalizado.

Ademais, efectivos do Grupo de Rescate e Intervención en Montaña da Garda Civil van entrar na Sima del Sombrero para levar a cabo labores de localización en dous ramais máis da cavidade.

Os espeléologos son un home e unha muller de Salamanca e Valladolid, duns 40 anos, e con moita experiencia neste tipo de rutas, segundo confirmaron a EFE fontes próximas á investigación.

A parella contratou os servizos dunha empresa que proporciona o material de acceso para facer a travesía de maneira autónoma. A expedición comezou o sábado ao mediodía e dela non tiña coñecemento o servizo de emerxencias 112

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar