Publicador de contidos
Publicador de contidos

Volven aumentar os casos activos, marcados pola alza da área de Ourense

Volven aumentar os casos activos, marcados pola alza da área de Ourense

A área sanitaria ourensá leva 10 días seguidos incrementando os casos activos

Hai 32 persoas hospitalizadas, con dúas máis ingresadas en planta

Jessica Fernández 03/11/2021 10:15

Os casos activos seguen aumentando lixeiramente (+3). Hai 533 persoas con coronavirus en Galicia.

Tamén aumentan os contaxios (+11) con respecto ao día anterior. Foron detectados 38 novos casos.

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 134 (-3)

Vigo: 80 (=)

Ourense: 126 (+11)

Santiago: 50 (=)

Lugo: 43 (-3)

Pontevedra: 57 (-3)

Ferrol: 43 (+1)

A ocupación hospitalaria tamén aumenta (+2). As persoas hospitalizadas superan as 30, en total 32, 26 en planta (+2) e 6 en UCI (=). Con todo, o Sergas notificou un deceso por mor da covid nas últimas 24 horas, elevando a cifra a 2.653 desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade