Waldo Otero, feliz co Salamanca: "É o equipo que máis me gusta, podemos gañar"
Waldo Otero, feliz co Salamanca: "É o equipo que máis me gusta, podemos gañar"
O partido de ida e o de volta entre o Gran Peña e o Salamanca poderán seguirse en directo pola G2 e AGalega.gal
Desde que conseguiron o pase a esta última rolda tras eliminar a UDE Ourense, e antes a Sarriana, os xogadores do Gran Peña expresaron o seu orgullo por plantarse na final e as súas ganas de que chegue esta última eliminatoria.
Hai semanas que o Celta anunciou que o Gran Peña deixará de ser o seu segundo filial e de formar parte da súa estrutura o próximo curso.
"Grazas a todos os que vos achegastes o domingo, este equipo quere máis. Vémonos en Barreiro!!!", escribiu o capitán, Mario Cantero.
A Cantero retiráronlle a segunda amarela do pasado domingo e poderá estar ante o Salamanca.
O presidente Waldo Otero, está feliz co rival.
"É o equipo que máis me gusta, estou moi contento. As dificultades son relativas".
"Eu creo que podemos gañar".
O partido de ida e o de volta poderán seguirse en directo pola G2 e AGalega.gal.