Xa se pode visitar o belén xigante de Viveiro
Xa se pode visitar o belén xigante de Viveiro
É máis grande e con máis figuras e oficios ca o ano pasado
Estará aberto ata o 7 de xaneiro na Igrexa de Santa María
As escenas da vida dos mariñeiros volven ser maioritarias este ano no belén xigante de Viveiro. Pero tamén hai espazo para outros oficios e para as tradicións de Nadal. Un enorme espectáculo de atrezzo que impresiona tanto os visitantes como os propios veciños de Viveiro. E, por suposto, os máis cativos.
Este ano o Belén volve ser moito maior que o último. Así, hai decoración moito máis aló da igrexa de Santa María e mesmo as casas lindeiras contan con escenas. Tantas figuras e construcións requiren dun enorme esforzo no que participan cada vez máis veciños da cidade e que os visitantes agradecen.
Así, o que comezou como unha pequena iniciativa dun grupo de amigos converteuse xa nunha visita obrigada do Nadal galego.