Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ascenden a 25 os mortos e a 39 os rescatados no ataque ruso en Dnipro

Ascenden a 25 os mortos e a 39 os rescatados no ataque ruso en Dnipro

Aínda prosegue a busca de superviventes entre os cascallos do inmoble derrubado

Rusia presume de que acertou nos seus obxectivos

G24.gal 15/01/2023 13:49 Última actualización 15/01/2023 16:15

Os equipos de rescate traballaron durante toda a noite na busca de superviventes, escoitando voces de auxilio baixo os cascallos. Lograron sacar con vida 39 persoas, entre elas seis nenos, pero tamén seguiron dando con mortos. Xa son 21, un deles un cativo. Hai ademais 74 feridos, catorce son menores.

O mísil ruso que impactou contra este edificio de vivendas de Dnipro destruíu por completo 72 apartamentos e danou máis de 230.

As autoridades locais decretaron tres días de loito mentres os labores de busca seguen en marcha, porque hai unha trintena de desaparecidos.

A deste sábado foi a maior vaga de ataques de Rusia en dúas semanas. Ademais do masacre de Dnipro, Moscova golpeou infraestruturas enerxéticas en distintos puntos do país e deixou cinco mortos e sete feridos máis.

Vidas salvadas

O presidente Zelenski agradeceulles ás súas forzas que lograsen interceptar unha vintena dos mísiles que lles lanzaron. Subliñou que foron centos de vidas salvadas.

Sen mencionar o ocorrido en Dnipro, Rusia presume de que fixo branco en todos os seus obxectivos. Asegura tamén que segue avanzando no Donbás, concretamente cara a Bakhmut, logo de tomar Soledar, extremo este último que Ucraína continúa negando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade